Venres. 17.05.2024
El tiempo

Un empate do Patín Xunqueira para rematar o ano con bo sabor de boca

Un empate do Patín Xunqueira para rematar o ano con bo sabor de boca
O pasado sábado o Pavillón Municipal de Cee acollía a última xornada da liga galega xuvenil de hoqueisobre patíns deste ano 2010. Un encontro entre o equipo local e o potente Vigo Stick, e que rematou cun empate a 3 tantos. O técnico do Clube Patín Xunqueira, Manuel Calo, considerou que os seus rapaces fixeron méritos para cultivar os 3 puntos da vitoria pero que non se finalizou con acerto desexado. De todos os xeitos resalta a actitude dos seus xogadores que "pelexaron" ata o final do encontro con moito carácter. O equipo ceense continúa sufrindo o salto de categoría xa que malia estar na Liga Galega Xuvenil, moitos dos xogadores non teñen nin sequeda idade cadete. Así os de Calo rematan o ano 7º, isto é penúltimos, con 6 puntos.

Datos do encontro

  • Resultado: CLUB PATÍN XUNQUEIRA FERROATLÁNTICA DE CEE 3 - VIGO STICK TRAVESAS H.C. 3.
  • C.P. Xunqueira Cee: Porteiro- Iago; Defensas- Dani Lestón (1 gol), Dani Vaamonde (1 gol), Jesús Quintánsy I. Paris; Dianteiros- J. Ruso (1 gol), Aarón Trillo e Iván Bouzón.
Nos primeiros 10 minutos os ceenses fixeron valer a súa superioridade logrando un 2-0. Pero a partir deste momento os continnuos desaxustes en defensa dos locais fixeron que o equipo olívico lograrán igualar a 2 o resultado e a 5 minutos do termo desta metade, o que sería o 3-3 defintivo. No segundo tempo, o Vigo Stick renunciou definitivamente á pelota e os ceenses tiveron máis dunha ducia de oportunidades que non foron capaces de materializar. O resultado non se moveu.

Vindeira cita

A próxima xornada será o próximo 15 de xaneiro de 2011 fronte ao H.C. Liceo en pista coruñesa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do C.P. Xunqueira de Cee, da man de Manuel Calo.

Comentarios