Vimianzo será sede oficial do Campionato de España de Trial 2026
Vimianzo converterase en 2026 no epicentro estatal do trial ao acoller de maneira oficial unha das probas do Campionato de España de Trial, CET, unha das citas máis relevantes do calendario nacional desta disciplina. Organizada polo Moto Club O Petouco, celebrarase os días 12 e 13 de setembro, reunindo na localidade aos mellores pilotos do país e a centos de afeccionados.
A designación de Vimianzo como sede foi recibida con grande satisfacción polo Concello, que destaca o impacto deportivo, social e económico que suporá este evento. Nunha proba que combina técnica, precisión e espectacularidade, as e os participantes deberán superar unha serie de zonas especialmente deseñadas para poñer a proba a súa habilidade e resistencia.
A Administración local desenvolverá o traballo de campo pertinente para faciltarlle a tarefa ás persoas que integran O Petouco, que xunto coa Real Federación Motociclista, realizarán un percorrido de alto nivel, garantindo a seguridade e facilita do unha experiencia memorable tanto para deportistas como para público.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o imprescindible desempeño do equipo técnico e humano do Petouco, xa que grazas a elas e eles Vimianzo volve a estar no mapa acollendo unha cita de renome dentro do panorama do motociclismo e consolidando o noso compromiso co deporte e a celebración de grandes eventos.”
