Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría acabou o terceiro posto na prestixiosa Copa Galicia

Volei Dumbria bronce na Copa Galicia
O Volei Dumbría acabou o terceiro posto na prestixiosa Copa Galicia

Xa se alzara co título en 20219 e se ben este ano non puido revalidalo, o Volei Dumbría si que acadou unha máis que meritoria medalla de bronce na prestixiosa Copa Galicia.

Unha competición á que só acceden os 4 mellores clubs da comunidade, sendo esta edición, por primeira vez, con 3 equipos de Superliga, a máxima categoría do voleibol nacional e completando o cartel o Voleibol Dumbría que disputa a Superliga 2.

Os equipos rivais chegaban co seu persoais xa ao completo xa que empezarán a liga o vindeiro sábado día 2, mentres que os dumbrieses aínda están á espera da chegada das súas 2 novas fichaxes internacionais, xa que non empezarán a competición ata o sábado día 16.

Na semifinal contra o Emevé de Lugo (que ao cabo sería o ganador da competición), os costeiros saíron derrotados por un contundente 3-0 con parciais de 25-13, 25-18 e 25-21. O equipo lucense foi moi superior e evidenció a diferenza entre ambas categorías.

Na loita polo terceiro posto os dumbrieses gañaron 3-2 ao Rotogal Boiro con parciais de 25-21, 17-25, 25-23, 23-25 e 15-9 nun partido moi disputado como reflicte o marcador e no que ambos adestradores aproveitaron para repartir minutos entre todos os xogadores convocados para ir afinando a forma de face ao comezo de tempada.

Novas relacionadas

Comentarios