O Volei Dumbría rematou a súa quinta temporada na SM2
Rematou esta pasada fin de semana unha nova temporada do Volei Dumbría na Superliga Masculina 2. Unha nova temporada na segunda máxima categoría do volei estatal, que supón outro fito para o club dumbriés, creado en 2014, e que leva 5 anos levando o nome do Concello de Dumbría e da Costa da Morte por toda España.
Finalmente non puido meterse na Fase de Ascenso (quedou na 3ª praza a pesar de estar moitas semanas entre os dous primeiros postos) pero o club ten os pés na terra e son conscientes do complicado que sería subir á SM.
O equipo de Luís Alberto Fernández caía na última xornada ante o Sayre Maiser por 1-3, pero quedan satisfeitos do traballo feito durante toda esta temporada especial.
Néstor González e Carlos Mosquera, nomes propios do Volei Dumbria
Quedan cun bo sabor de boca, pois son dous os xogadores que se colaron entre o TOP5 da categoría: Néstor foi nomeado mellor “opuesto” (ademais de ser o 3º máximo anotador da liga), e Carlos Mosquera, neste o seu primeiro ano no club costeiro, remata na 5ª posición dos mellores centrais e 3º máximo bloqueador.
Volverá o club o ano que vén intentar facelo o mellor posible, e mesmo formulando a posibilidade de ascender á máxima categoría despois do chasco vivido durante o pasado ano co ascenso administrativo frustrado.
Novas relacionadas
- 16-03-2021: “Subir á Superliga agora mesmo é algo inviable, é mellor ter os pés na terra” .
- 22-02-2021: O Volei Dumbría vence o duelo no alto e ponse de novo líder.
- 08-02-2021: O Volei Dumbría xa é líder.
- Novembro 2020: O Volei Dumbría xa comanda a SM2.
Resumo da traxectoria
- Maio 2020: O Volei Dumbría critica a falta de obxectividade da RFEV para determinar os ascensos á Superliga.
- Xaneiro 2020: O Conco foi a capital do volei estatal coa organización fermosa e intensa Copa Príncipe.
- Novembro 19: O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga2 e será o anfitrión da Copa Príncipe.
- 07-11-19: O Volei Dumbría mete medo na Superliga2:
- Abril 19: Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase.
- 18-02-19: Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría.
- 04-01-19: O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.
- 2014: Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría