Mércores. 24.04.2024
El tiempo

“Subir á Superliga agora mesmo é algo inviable, é mellor ter os pés na terra”

O Volei Dumbría, ás portas dunha nova Fase de Ascenso á máxima categoría
Foto do Volei Dumbria na Superliga 2
Foto do Volei Dumbria na Superliga 2
“Subir á Superliga agora mesmo é algo inviable, é mellor ter os pés na terra”

Despois de estar boa parte da liga entre os dous primeiros postos, as dúas derrotas colleitadas polo Volei Dumbría nos últimos 3 encontros deixan, a falta de un partido, ao cadro costeiro fóra dos postos de ascenso.

Esta fin de semana caían 3-1 ante o Aldebaransa e malia que matematicamente hai opcións é moi difícil que o San Sadurniño, que ocupa a segunda praza, perda contra o Calasancias, que ten 0 puntos.

Deste xeito, o equipo quedará na segunda máxima categoría do volei estatal, tras 7 temporadas en competición, algo que non deixa ser un absoluto éxito, tendo en conta ademais que a base do equipo son rapaces da canteira. Despois de quedar o ano pasado fóra inxustamente do ascenso administrativo tralo parón pola pandemia, e de participar na última final a 4 en 2019, o equipo mira o futuro con esperanza.

De feito, dende o club non teñen presa nin se poñen listóns, e son conscientes das súas capacidades. “Nós sabíamos que este ano era moi difícil, pois hai equipos moi reforzados, e nós, a verdade, non temos obsesión ningunha. A idea desta tempada era cumplir ben os protocolos, evitar contaxios… e iso acadámolo con creces”, explica César Ferrío, presidente do club. “Non podemos fixarnos metas que son posibles pero que realmente co tempo serían perxudiciais para o propio club. Subir á Superliga agora mesmo é algo inviable, é mellor ter os pés na terra”, valora coa cabeza fría.

En clave de futuro, “non descartamos que máis adiante poidamos pensar na Superliga pero pensamos que a dia de hoxe non é o millor para o club”, sinala un Ferrío, que ten claro que o máis importante é que “os xogadores da base seguen medrando que para o club é o fundamental”.

Aquí podedes ver o partido da fin de semana:

Novas relacionadas

Resumo da traxectoria

Comentarios