Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría competirá no Campionato de España Infantil tras arrasar na Liga Galega

Volei Dumbria Infantil
O Volei Dumbría competirá no Campionato de España Infantil tras arrasar na Liga Galega

Segue demostrando a familia do Club Voleibol Dumbría que a canteira é o máis importante. Que Unai Larrañaga fose seleccionado coa Selección Española é todo un exemplo. Como tamén o é a clasificación do equipo infantil do Manuela Rial-Voleibol Dumbría masculino para o Campionato de España.

Os dumbrieses remataron a tempada regular no máis alto da clasificación da Liga Galega, con 36 puntos, sumando 12 vitorias en 12 partidos. Agora afrontan a fase final do Campionato Galego, que se disputará o domingo 6 de xuño, á que se clasifican os 4 mellores equipos da competición. A intención do Club e do Concello é ademais organizar esta fase final autonómica, coa idea seguir promocionando este deporte na Costa da Morte e facer de Dumbría un punto de chegada de visitantes a través do deporte.

Campionato de España

En calquera caso, os costeiros xogarán coa tranquilidade de ter xa asegurada a súa praza no Campionato de España, que se disputará do 26 ao 30 de xuño (en sé aínda por decidir), e sairán co claro obxectivo de pelexar polo título de campión galego e demostrar a superioridade que demostraron durante toda a tempada nesta categoría.

O equipo está formado por Iago Larrañaga e Ismael Domínguez como colocadores, Carlos Trinidad, Fran Garea e Aitor Trillo como centrais e Tiago Fernández, Matías Lemus, Unai Albelda e Darío Mira como xogadores de “ala”.

Campaña de captación

Desde o club iniciaron unha campaña de captación de colaboradores para que estes mozos deportistas poidan acudir ao Campionato de España, en representación de Galicia e da Costa da Morte en especial, e gustaríalles agradecer a todas aquelas casas comerciais que xa comezaron a colaborar pese á difícil situación que lles tocou vivir por motivo das pechaduras producidas pola pandemia.

Novas relacionadas

Comentarios