O Volei Dumbría mete medo na Superliga2
5 xornadas leva en marcha a Superliga 2, e o Volei Dumbría mantense no liderato. O equipo costeiro segue facendo historia na 2ª división estatal, e con 5 vitorias en 5 partido volve facer soñar a toda a afección costeira con esa incrible fase que acolleu a pasada tempada o Conco e que nos deixou ás portas da máxima categoría.
Esta pasada fin de semana o equipo de Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga venceu no pavillón dumbriés ao C Collado Villalba por un claro 3-0 (25-19, 23-25, 25-18 e 25-17). Unha nova vitoria que o ratifican como candidato a todo, pois aínda non cederon un set.
O plantel, moi novo, xa é, nesta 4ª temporada na categoría, e só 5 anos despois do seu debut en competición sénior oficial, un dos cocos.
Este ano tiveron as baixas de Unai Larrañaga, que xoga en Lugo, Marco que está de Erasmus e Bruque. Pero o cadro reforzose co brasileño Danilo e os xuvenís David Outes, Xabi Larrañaga e Sergio Castro.
Daniel Muñoz, MVP da xornada
A fin de semana deixou ademais a boa nova de que receptor Daniel Muñoz foi elixido como MVP da 5ª xornada. O receptor sumou 23 puntos, 22 deles en ataque xunto a un bloqueo e contribuíu á solidez do seu equipo en recepción cun 74% de accións positivas para converterse no segundo mellor anotador e atacante do fin de semana.
Vindeira xornada
Este vindeiro sábado 9 toca viaxe, pois terán que enfrontarse ao Arona Paradise Park no Pab. Jesús Domínguez Grillo de Santa Cruz de Tenerife.
Novas relacionadas
- Abril 19: Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase.
- 18-02-19: Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría.
- 04-01-19: O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.
- 2014: Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.