Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Agotadas as prazas para dúas das probas do V Trail da Filloa

Presentacion V Trail da Filloa de Zas
David Fernández, da Asociación Deportiva Monte Brondo; o Alcalde de ZAs, Manuel Muíño; e Juan M. García; o protagonista do cartel desta quinta edición, durante a presentación
Agotadas as prazas para dúas das probas do V Trail da Filloa

O Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo xa teñen todo preparado para o V Trail da Filloa que se disputará o vindeiro 20 de febreiro polos montes do concello. Un Trail que volve tras un ano de parón pola pandemia, par saciar as gañas de deporte, natureza e filloas de toda a provincia. 

Así se demostra co feito de que apenas uns días despois da apertura das inscricións, dúas das probas - o trail curto e o longo - teñen as prazas esgotadas.

As grandes novidades do V Trail da Filloa son un Gran Trail de 43 km e unha andaina de 25 km que segundo sinalou David Fernández “foron un gran reto para nós e este ano por primeira vez conseguimos sacalos adiante”. Para iso contan coa colaboración de ducias de voluntarios que “se pasan a fin de semana limpando e desbrozando camiños”, destacou o Alcalde de Zas quen lle agradeceu enormemente o seu traballo.
A lama e a zona de cordas son puntos polos que pasarán os participantes en calquera destas probas, ao igual que a subida ao Monte Bronde e ao Pico de Meda, dous dos lugares máis altos do concello e dende os cales se pode gozar dunhas vistas espectaculares.

V Trail Filloa Zas

5 probas

O punto de chegada será o pavillón de Zas onde se servirán as típicas filloas á pedra de Zas acompañadas de caldo e chourizos. Estas son as diferentes probas:
    •    Gran Trail 43 km 
    •    Trail Longo 27 km (prazas esgotadas)
    •    Traill Curto 17 Km (prazas esgotadas)
    •    Andaina 12 Km
    •    Andaina 25 km
As inscricións están abertas ata o 15 de febreiro a través da páxina de Galitiming e as persoas que se inscriban antes das 23:59 horas do 31 de xaneiro terán un desconto especial. Cumpriranse en todo o momento as recomendacións establecidas para eventos no contexto da nova normalidade provocada pola Covid19. 

Ao igual que na cuarta edición, este ano volverase a crear a “Beca para estudios” para a cal se destinará o gasto que os organizadores investían en regalos como bolsas e camisetas para os participantes. O estudante seleccionarase de forma confidencial en base aos informes do departamento de Servizos Sociais municipal e un dos requisitos é estar empadroado/a no Concello de Zas. 

Comentarios