Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O VTM Pinturas Figueiras segue facendo historia

Derbi do tenis de mesa da Costa da Morte entre VTM Pinturas Figueiras - AD Zas Dimobel Bazar Baio copia
Á esquerda, o equipo de VTM Pinturas Figueiras nun derbi de hai semanas ante o AD Zas Dimobel Bazar Baio
O VTM Pinturas Figueiras segue facendo historia

O balanze da pasada fin de semana para o tenis de mesa costeiro é de dúas vitorias na categoria masculina e outras dúas en femenina. Neste caso da SD A Baña que entrena Miguel Rey e por eso se incluen dentro da comarca a pesar de que xeograficamente pertencen a outra comarca. En canto a masculina sigue o VTM Pinturas Figueiras facendo historia pois cada vez segue máis afianzado arriba no grupo. Dicíase ao primeiro que podía ter dificultades para manterse e pouco a pouco foi gañando partidos e agora xa se converteu nun dos equipos fortes do seu grupo da liga de 1ª División Galega. Teñen moito mérito todos os xogadores tanto Julio Figueiras coma Brais Touriñán gañando partidos, coma Paco Paz dirixindo ou Nico Paz coa súa alegría constante. En canto xoguen o partido aprazado contra Grumico, que éo colista, quedarán en solitario en segunda posición do grupo.

Dos equipos do AD Zas só conseguiu a vitoria o Concello de Mazaricos, e con moitos apuros, en Narón ante o un Nautalia que puxo na súa formación a un internacional venezolano (paraolimpico) que ven para prepararse para as olimpiadas de Tokio e que incluso lle gañou a Miguel Rey 3-1, convertindo a Alex Blanco no verdadeiro artífice da vitoria ao gañar todos os partidos en que participou, os dous individuais e o dobre. Tivo, Alex a templanza que lle faltou outras veces para impoñerse a José Yañez en 5 sets e por un apretado 11-9 no ultimo. Tivo antes a oportunidade Javi Rodríguez con duas bolas para gañar o seu partido pero non foi capaz de manter ese serenidade necesaria.
Consigue así unha vitoria moi necesaria o Concello de Mazaricos ante un rival directo para o descenso. Quedalle moito traballo ainda a Miguel Rey para acadar o obxectivo de afianzar aos xogadores e ao equipo nesta liga de 3ª División Nacional.

 

3ª División Nacional

AD Zas Ponciano Nieto - CTM Coruña

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Coruña (2-4)
  • Resultado: Nautalia Viajes - Concello de Mazaricos (3-4)
 

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Finisterre Sphera (0-7)
  • Resultado: Oroso Rios Sangiao - VTM Pinturas Figueiras (3-4)
 

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas O PInar - Vilagarcía TM (1-6)
 :

1ª División Nacional Femenina

  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Ribadumia TM (3-4)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Oroso Abanca (0-6)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Monte Porreiro Confiteria Capri (3-4)
 :

2ª División Nacional Femenina

nacional femenina Concello de Cee - CTM Nos Femenino

  • Resultado: Concello de Cee - Monte Porreiro Promesas A (0-3)
  • Resultado: Concello de Cee - Monte Porreiro Promesas B (0-3)
  • Resultado: Concello de Cee - CTM Mos Femenino (0-3)
  • Resultado: SD A Baña - Monte Porreiro Promesas A (1-3)
  • Resultado: SD A Baña - Monte Porreiro Promesas B (3-0)
  • Resultado: SD A Baña - CTM Mos Femenino (3-0)

 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios