20 anos de percebes e festa en Corme
Máis xente ca nunca congregou a XX Festa do Percebe do Roncudo de Corme. I é que 20 anos dan para moito, e se hai unha ducia de anos era unha festa para maiores, a día de hoxe é a xuventude a que cambiou esta cita, facendo dela unha mestura entre gastronomía e festa rachada.
Ameazaba chuvia pero pronto saíu o sol e permitiu que Ramón Pombo Castro, Bergantiñán do ano 2011, dese o pregón con normalidade. Os pasarrúas coruñeses dos Kilomberos de Monte Alto e o Grupo de Gaitas Donaire comezaron a armar guerra.
Chegou a hora de xantar e o momento do día. Nada menos que 1.000 racións dos mellores percebes do mundo se venderon, a golpe de 17 euros, que mollados con viño, fixeron as delicias dos milleiros de asistentes. Desta volta non se chegaron aos 1.000 quilos, como o ano pasado, pois as capturas non forn tan enormes, pero si chegaron para encher o bandullo.
Unha festa de pandas
Tradicional é xa que cada grupo de amigos se fagan unha camiseta especial para a Festa do Percebe. E non podía ser doutro xeito. Coma se de bandas se tratase, a Praza da Ribeira ía vestida por parroquias, segundo as cores das pandillas que por aló bailaban.
Toda unha tarde de festa
E non houbo parada para comer. A festa xa estaba en marcha, e se na carpa a xente facía colchón, polas rúas xa se escoitaba a música dos pinchas locais de EventosOn. Non parou de soar a música, da boa ademais, en toda a tarde e en toda a noite, demostrando que esta festa ten moitos anos de vida.
Conexión irmandiña
Houbo ademais conexión irmandiña, pois aló polas 0:00h da noite, un bus marchou dirección Vimianzo, para disfrutar do concertazo da Pegatina no marco do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
p>E atentos, que se esta do Percebe do Roncudo é unha das citas gastronómicas máis importantes do verán costeiro, hoxe mesmo, luns 9 de xullo, ten lugar outra das grandes: A Fagía de Carnés.
Máis información
Novas relacionadas
- Entrevista con Paula Pombo: “A forza coa que rompe o mar no Roncudo fai que o noso percebe sexa o rei”.
- 2012: O rei do marisco xa ten a súa festa preparada.
- Festa 2011: Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo.
- Festa 2010: A Festa do Percebe non nota a crise.
- Festa do Percebe do Roncudo 2009: 6.000 persoas disfrutaron do mellor Percebe do Roncudo.
- Festa do Percebe do Roncudo 2008: A Festa do Percebe do Roncudo volveu ser un referente en todo o país.
Máis novas
- Percebeir@s a ritmo do mar.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
- Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).