Sábado. 27.04.2024
El tiempo

44 anos dando de comer

44 anos dando de comer
Homenaxe as cocineiras do CEIP Eduardo Pondal

Son moitos 44 anos, vendo pasar cativos e cativos, sempre cunha culler na man e un enorme sorriso posto. Así recordan centos de rapaces de Ponteceso a Josefa Amado, Mª Carmen Figueiras e Mª Jesús Varela, as mulleres que levaron os mandos da cociña do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso dende o ano 1971 ata agora. Agora toca xubilarse, xa van moitas comidas servidas, e a veciñanza, o centro e mais a ANPA, quixeron renderlle unha emotiva homenaxe.

Aguantaron o tipo as tres na cea-homenaxe que se celebrou no restaurante Canta La Rana de Buño, pois se viron máis bágoas entre os asistentes que nas súas meixelas. Pero é que non pararon case nin para comer. Acostumadas a servir, verse co prato na mesa non lles prestaba, e estiveron toda a cea de arriba para abaixo, falando cos antigos mestres, co antigo director, cos vellos e non tan vellos alumnos…

Os netos entregáronlle uns ramos de froles e o primeiro director Venancio Graña, o actual encargado do comedor Xalo, e Miguel, da ANPA, entregáronlle unhas placas conmemorativas cunha foto do centro, que de seguro lucirán enriba da tele das súas casas durante moitos anos.

Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal Unha fermosa Homenaxe ás cociñeiras do CEIP Eduardo Pondal

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e fotos achegadas pola ANPA Eduardo Pondal.

Comentarios