sábado. 14.12.2024
El tiempo

A Banda de Música Eduardo Pondal cumpre 75 anos

A Banda de Música Eduardo Pondal cumpre 75 anos

Mil historias pode contar Jesús Méndez Torrado, ou Suso de Basilio, sobre a Banda de Música Eduardo Pondal. Daqueles anos nos que atravesaban a bisbarra a pé, para ir tocar a unha aldea de Malpica, e volver pola tardiña co pensamento perdido naquela rapaza fermosa, antes, claro, de coñecer á súa media laranxa.

Pero non lle dá a memoria a Suso para falarnos do seu nacemento aló no 1936. O director da banda estará este sábado 24 de setembro na Praza do Pan a partir das 18:00h, para facer soar aos seus músicos e poder celebrar así o 75 Aniversario da banda. Ademais, a cita servirá para festexar tamén o 3º Memorial ás 7 Bandas de Corme, unha das historias protagonistas do seu libro “A música en Corme” . Todo no marco das Festas dos Remedios.

Concerto homenaxe

A homenaxe consistirá nun concerto con 2 partes: Presentación e 1ª parte (PUENTEAREAS, MI TIERRA GALLEGA, VALS Nº2 de Shostakowich-André Rieu, EL SITIO DE ZARAGOZA) e 2ª parte (EL GALLITO, MARÍA LA PORTUGUESA, COLOMBIANA, POLKA DEL BARRIL, DEL RÍO-Xota galega, MARCHA RADETZKI). E rematará cunha ofendra floral ás 7 Bandas de Corme ao son do Himno Galego, tocado pola banda que homenaxea ao bardo.

A cita está organizada pola propia Banda de Música “Eduardo Pondal", coa colaboración do Concello de Ponteceso, Fundación “Eduardo Pondal” e Comisión de Festas de Corme.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios