A Deputación recoñece o Festiletras como a gran festa das letras


Cumprido recoñecemento da Deputación da Coruña ao Festiletras. En pleno desenvolvemento, o ente provincial quere facer o seu recoñecemento a esa aldea do Couto que, con sesenta casas, se converte un ano máis nun dos máis relevantes centros da conmemoración do Día das Letras Galegas. Todo, no ano no que a homenaxe de Carlos Casares conflúe co centenario da morte de Eduardo Pondal.
Esta mañá, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido e o xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela presentaron esta mañá o programa que se desenvolve até o vindeiro día 21 de maio.
“Poucos programas culturais son tan ambiciosos como este, que se celebra nunha pequena aldea mais que ofrece un programa de altísima calidade e con implicación tamén de toda a veciñanza”, dixo Goretti Sanmartín na súa intervención en que mostrou a satisfacción de poder participar nunha iniciativa en que destacou concertos como os de Guadi Galego, Uxía e Joao Afonso ou Luar na Lubre ademais de actividades literarias e artísticas, como a exposición en homenaxe a Paco Souto de Vicki Rivadulla ou o recoñecemento de Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños, unha figura moi querida na comarca.
Agradeceu Goretti Sanmartín o traballo da Fundación Eduardo Pondal, a A.C. Monte Branco e o Concello de Ponteceso que conseguiron que “a aldea do Couto sexa unha grande referencia cultural, cunha programación con grande repercusión e coñecida en todo o país”, dixo, antes de facer un convite para participar nas actividades da iniciativa coa que colabora a Deputación da Coruña colabora a través de distintas iniciativas entre elas o concerto de Luar na Lubre que pecha o programa.
Pola súa parte alcalde, Xosé Lois García, destacou a “grande potencialidade económica” da cultura para o concello e valorou a implicación dos empresarios con eses 103 marcapáxinas que se entregan en cada establecimento.
Finalmente, o xerente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé María Varela, destacou que o Couto, con sesenta casas, experimenta unha “transformación” na semana das letras. E avisou: “Lanzamos a proposta que o centenario tería cen actividades culturais e despois do Festiletras teremos alcanzado xa as setenta”, deixando ver que o ano aínda ten moitos meses para chegar aos #100actosporPondal.
Novas relacionadas
- Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos .
- 103 marcapáxinas por Pondal.
- Abril 2017: 35 actos para o 35 aniversario do Festiletras.
- Abril 2017: Festiletras 2017: O frasco pequeno onde caben todas as esencias da cultura galega.
- Marzo 2017: Unindo aos tres protagonistas do Rexurdimento literario galego polo centenario do pasamento de Pondal.
- Festiletras 2016: A familia das Letras Galegas vive no Couto.
- Festiletras 2016: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras.
- Festiletras 2016: Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
Máis Programas das Letras Galegas 2017
- Os Empresarios de Ponteceso únense ao Festiletras con Festisabores, Festidescontos e Festitaxis
- A Biblioteca de Santa Comba achega as Letras Galegas a pequenos e maiores.
- A familia da Mazarica medra polas Letras Galegas.
- Vimianzo, Camariñas, Laxe e Carnota homenaxean a Carlos Casares no día das Letras Galegas.
- Fisterra e Cee presumen de Letras
- Cee adica o mes de maio a Baldomero Cores
- Malpica sumérxese No Tempo das Letras
- Completo programa cultural para o maio das Letras de Zas.
- Muxía celebra o mes das letras con distintas actividades.
- Os centros educativos de Coristanco preparan o certame literario Asunción Antelo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)