A Escola de Tempo Libre Eduardo Pondal achega aos cativos á Terra de Bergantiños

08:35 29/05/14

Novamente ponse en marcha Escola de Tempo Libre Eduardo Pondal, o lugar que engrandece a formación alternativa na Costa da Morte. Unha escola na que as materias non son Matemáticas ou Literatura, que tamén se tocan transversarmente, se non que os pequenos aprenden en materia de paisaxe, ecoloxía, xeoloxía, arte rupestre, cestería… coñecementos moi pegados á terra na que viven.
De feito, o programa deste ano da Escola de Tempo Libre chámase “Terra de Bergantiños”, intentando que os peques aprendan, dos unha Escola de Verán diferente.
Escola de Verán Terra de Bergantiños
- 6 xuño ás 17:00h: IMPORTANCIA ECOLÓXICA DO ESTEIRO DO ANLLÓNS. J.L. Rabuñal.
- 7 xuño ás 10:00h FORMACIÓN XEOLÓXICA DO COMPLEXO DUNAR DA BARRA. Antón García Losada.
- 11 xuño ás 16:00h (Bus desde o Centro Comarcal de Buño) RECURSOS DIDÁCTICOS NA RIBEIRA BAIXA DO ANLLÓNS. Luís Giadás.
- 14 xuño ás 16:00h ORGANIZACIÓN DUNHA SAÍDA Xan Fernández Carrera (Parte teórica: Casa dos Veciños. Parte práctica: Saída).
- 21 xuño ás 16:00h MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS CASTRO DE CEREZO. Evaristo Domínguez IGREXA DE SAN TIRSO. Luís Giadás.
- 27 de xuño ás 17:00h e 28 de xuño de 10:00h-17:00h ARTES PLÁSTICAS. CESTERÍA DE RECICLAXE. Jaime Gagino.
Novas relacionadas
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abriu os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- 80 monitores da Fundación Eduardo Pondal fórmanse nun pioneiro curso sobre a Paisaxe.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- A mocidade que forma.
- Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).