Venres. 19.04.2024
El tiempo

A familia das Letras Galegas vive no Couto

A familia das Letras Galegas vive no Couto
A Carpa do Festiletras ceha A Carpa do Festiletras estivo chea toda a semana Volveu ser O Couto, unha vez máis, a Aldea das Letras, o centro das Letras Galegas de todo o país. Esta impresionante semana cultural chamada Festiletras, na súa 34ª edición, conseguía manter o listón tremendamente alto, con ducias de nomes enchendo unha pequena aldea da Costa da Morte. Unha demostración de que o rural galego ten moito futuro, e de que cando unha aldea se convirte nunha familia, pode facer moitas cousas. Despois dunha emotiva inauguración, e 6 días de vertixe cultural, chegaba unha fin de semana intensa. Puido o ser o ano de maior afluencia, e dende a organización notan que O Couto vai traspasando fronteiras, pois notaron que veu xente de toda Galicia. Quedou pequena en varias ocasións a Carpa, pero tamén quedou pequena o salón de actos para actos como os das noites de venres e sábado, nas que houbo xente que tivo que quedar fóra. Nada menos que Carlos Blanco e Sés fixeron rir e chorar a cada un dos siareiros que encheron a Casa dos Veciños. Esa Casa feita hai máis de 30 anos polas mans dos propios membros máis vellos da familia bergantiñá. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154109158592177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Houbo moito máis. Os peques disfrutaron cunha mestura de primeiro nivel. Magín Blanco, un dos grandes da música infantil galega, unise con Uxía Selle para o Festival dos Soños, onde "Todo me fala de ti". Houbo Encontro de Rexubeir@s, recuperando a lírica tradicional. Houbo espazo para a XXXIV Mostra de Artesanía, con máis de 40 artesáns chegados de toda Galicia. Houbo tempo para a reflexión e a ilusión por un futuro próspero, no Encontro de Aldeas Singulares. E tamén houbo tradición, rematando co Festival de Música Tradicional no que estiveron Inllar, Malante e Adro. Un exemplo, unha demostración de que o rural, unido, pode facer moitas e importantes cousas. Bieito Romero e Paula Rei de Luar na Lubre no Festiletras Bieito Romero e Paula Rei de Luar na Lubre no Festiletras

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios