A Fundación Eduardo Pondal recupera a memoria local das terras nativas do Bardo
12:39 24/01/11
Non para a comarca de Bergantiños e ollar cara atrás. E moito temos que aprender e que recuperar do noso pasado, da nosa memoria, como fai este Inverno o concello de Cabana. Pero tamén a Fundación Eduardo Pondal bota unha ollada ao pasado, para crear ademais material audiovisual.
Así, na tarde do sábado 22 de xaneiro, a Fundación Eduardo Pondal comezou unha xeira de gravacións audiovisuais que teñen como obxectivo a recuperación da memoria local dos habitantes das terras que están relacionadas co autor que dá nome á sede desta entidade.
A tarde transcorreu con recordos dos tempos do Nadal, sendo os entrevistados nesta primeira sesión Pura do Capitán, Rosario do Poldro, Manolo O Mincho e José de Valarés, este o de maior idade.
Este programa de rescate de memoria ten como título “Non des a esquecemento”, un verso de Eduardo Pondal, e como subtítulo “Cando era tempo de inverno”, outro verso de Rosalía de Castro.
Estas gravacións terán lugar, na lareira da Casa do Cura, a partir das 17.30 h, o sábado 29 xaneiro e os sábados 5, 12, 19 e 26 febreiro 2011.
Os encargados desta recolleita de memoria oral son Sofía Araceli González Fondo, quen se encarga do manexo e control da cámara, e Luís Giadás, responsable de realizar as entrevistas.
A primeira bolseira da Fundación
Por outra banda, a Fundación Eduardo Pondal acaba de concederlle unha bolsa a Alba Pérez Costa para acudir como alumna da Central Folque de Santiago onde se formará en canto galego. Entre as súas ensinantes está Guadi Galego, ex-compoñente de Berrogüeto.Conferencia de Eduard Estivill
Por último, comunícase que a Fundación Eduardo Pondal programou para o vindeiro venres 28 de xaneiro, ás 11.00 h, unha conferencia do prestixioso médico catalán Eduard Estivill que disertará para o público xeral no salón de actos sobre “Hábitos infantís á hora de comer e durmir”.Novas relacionadas
- Pondal puxo Ben a todo O Couto coa última sesión saudable e gastronómica.
- Máxica noite con Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto.
- Un Inverno da Memoria para recuperar as vellas escolas de Cabana.
- Mourelle da Rúa na gran pantalla.
Fonte
- Información e fotos da Fundación Eduardo Pondal, da man de Xosé Manuel Varela Varela.