A Furna do Osmo prepárase para a súa máxica Noite dos Encantos
Sen dúbida, falamos do Festival máis orixinal da Axenda Sonora da Costa da Morte. A Noite dos Encantos na Furna do Osmo cumple 15 anos, e para celebralo, o venres 29 de agosto haberá unha xornada máxica.
Veñen de publicar ademais a súa revista, da que extraemos un par de textos para o noso disfrute, da que vos deixamos con estes dous artigos:
Unha tarde cultural
Pola tardiña xa teremos espectáculos con teatro de marionetas e circo na Praza da Ribeira. De seguido, cambiamos o teatro pola música e praza da Ribeira polos bares, por onde os músicos da Insua levarán a súa foliada. O chiringuito “Lixeiros de roupa” acollerá ás 20:00h o concerto de Clave de Fado, e xa na Furna, a troula comezará cunha lenda, cunha Historia do Indio Lautaro, “A verdadeira historia da Conquista de Chile”.
Noite de maxia e música
A Noite dos Encantos arrincará máis alá das 22:00h, e estarán as seguintes bandas galegas: os desenfrenados Folkólicos, os Patxaranga cos seus ritmos “galebalkánicos”; Labregos do tempo dos Sputniks, o proxecto das grandes lendas da música galega contemporánea como o Leo e Arremecaghona, a Lydia e mais o MC García.
A nota internacional poráa a chilena Evelyn Cornejo e o gran reclamo o festival serán os peninsulares Pan de Capazo, unha referencia internacional en materia folqueira.
Novas relacionadas
- A Noite dos Encantos da Furna do Osmo prepara o seu 15 aniversario.
- Dous Susos, dous libros.
- Unha bisbarra con Encantos.
- 2008: Noite de encanto, furna luminosa.
- Recunchos da Costa: Furna do Osmo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).