A mocidade do Couto estreita lazos con Portugal
10:26 07/12/10
A xuventude da Asociación Cultural Monte Branco estivo presente o pasado 20 de novembro nun encontro internacional de mocidade que se celebrou na localidade portuguesa de Chaves. A ela, os pontecesáns levaron como exemplos de dinamización social para a xuventude dúas experiencias de verán. O Festival con V de Valarés e o o programa O Couto Doa Música, inserto na Escola de Verán.
Desprázanse ata Portugal un total de 10 mozos e mozas que tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias sociais con xuventude doutros países ou participar en debates con expertos e profesionais lusos e españois sobre cooperación.
A relación de mocidade desprazada a Chaves correspóndese cos seguintes nomes: Patricia Bellón Mato, Andrea Varela Mato, Alba Costa Pérez, Sofía Araceli González Fondo, Lucía Blanco Tedín, Uxía Varela Bermúdez, Romina Castiñeira Castro, Maxi Fariña Rellán, Anxo Pérez López e David Amado Baneira. A instantanea foi sacada diante do castelo de Chaves, elemento patrimonial que lles quedaba diante do hotel no que se hospedaron na fin de semana.
Novas relacionadas
- Remata o Outono Pondaliano lamentando a morte de Francisco Fernández del Riego .
- Os pequenos teatreiros de Cabana gañan o Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís:
Fonte
- Nota de prensa da A.C. Monte Branco.