A nova directiva dos empresarios de Ponteceso xa pensan na nova Aula de Formación
Esta semana quedou conformada a nova directiva da Asociación de Empresarios de Ponteceso, na que hai tres novas incorporacións e varios cambios, Incorpóranse á xunta directiva Isabel Vázquez (1ª pola esquerda) que entra como vogal, Sheila Rellán (2ª pola esquerda, que tamén é a representante da Mesa de Comercio Local) que entra como Secretaría en lugar de Fernando Rivera (3º Pola esquerda) que pasa a ser Vogal; e a última incorporación e Sandra Collazo (1ª pola dereita) que será Vicepresidenta. Os cargos de Tesoureiro e Presidente seguen a representalos Antonio Rivera (3º pola dereita) e José Santos (2º pola dereita) respectivamente.
Máis plans
Na reunión tamén se prantexaron os obxectivos desta nova directiva para o ano que entra, entre eles está a posta en marcha do Eixe Comercial de Ponteceso que nace con vocación de poder unificar criterios promocionais e de publicidade e para incentivar o comercio local , e elaborar campañas de fidelización do/a cliente.
Tamén traballan no proxecto da Aula de Formación continua que levará o nome de Joaquín Domíguez e ten como finalidade tanto a formación dos empresarios/as e comerciantes actuais como a dos posibles emprendedores que estean pensando en desenvolver no concello de Ponteceso o seu proxecto empresarial.
Outra das iniciativas e a posta en marcha de actividades para empresarios/comerciantes xubilados que formaron parte da asociación e que agora xa non a forman, e integralos tamén como parte importante da Aula de Formación Continua.
Pero polo de agora traballan arreo no que máis lles urxe que é a celebración da II Feira Ecolóxica (Ecoponte) e diversas actividades semanais como o curso de redes sociais para membros da Asociación (os martes a partir das 19:00h) e o asesoramento e información en materia empresarial e de comercio.
Novas relacionadas
- Perigosos tiradores tomaron Ponteceso.
- A necesaria rotonda de Valarés estará lista en xuño.
- Os maiores de Ponteceso soben ao carro de Susa da Chasca.
Fonte
- Nota de prensa da AEP.