Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta fíxase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector

A Xunta fíxase nas redeiras de Corme para facer unha guía de saúde do sector

Continúa o colectivo de redeiras sen un marco laboral que as defina. E por iso responsables da Xunta achegábanse a Corme para coñecer a súa actividade laboral e condicións de traballo co obxectivo de desenvolver unha Guía da vixilancia para a saúde no sector. Eran a directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, as que visitaron a sede da Asociación de redeiras de Corme.

Quinzá-Torroja reuniuse coa presidenta da Federación de redeiras de O Peirao, Rosa Isabel Rodríguez Vida, á que explicou que antes da guía, o Instituto –dependente da Consellería de Traballo e Benestar- levará a cabo un estudo epidemiolóxico deste sector, enmarcado no Plan de actividades do ISSGA para o ano 2012.

A directora do ISSGA lembrou que “debido ás condicións de vida e traballo nos buques e a que os accidentes de máis gravidade se producen entre os traballadores a bordo, é frecuente esquecer que moitas actividades do sector, anexas á pesca ou á extracción, son desenvolvidas por traballadores en terra”.
Entre elas se encontra o das redeiras, colectivo feminizado que abrangue a un número significativo de mulleres cuxa ocupación comporta non poucos riscos de carácter fundamentalmente ergonómico.

Guía de saúde

A abordaxe do estudo deste colectivo de traballadoras por conta propia permitirá coñecer datos acerca da saúde laboral nesta actividade profesional e obter información sobre os factores de risco laboral implicados nos danos para a saúde que se detecten.
Con estas iniciativas preténdese visualizar as patoloxías profesionais do sector e os riscos vencellados as mesmas e propoñer, no seu caso, medidas preventivas e de boas prácticas para reducir ditos riscos ou os seus efectos sobre a saúde dos traballadores. Afeccións osteomusculares coma son as tendinite, tensosinovite, omalxias, e o síndrome do túnel do carpo, son afeccións moi comunmente referidas polo sector.

Os resultados serán a base tamén para a elaboración da Guía da vixilancia da saúde para o sector, no marco da colaboración que o ISSGA mantén cos Institutos homólogos da costa cantábrica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xunta.

Comentarios