Abellariza organiza un curso de Tai Chi Chuan
07:05 22/02/17
Despois da boa acollida que tivo o taller de Tai Chi Chuan, a agrupación deportiva Abellariza I.E.S. Ponteceso organiza un curso desta disciplina ancestral coa colaboración da escola Ma Tsun Kuen de Cambre.
As clases comezan o vindeiro 3 de marzo e impartiranse os mércores e os venres de 21 a 22:30 horas. O custo é de 30€ por persoa e para que a actividade se leve a cabo é preciso reunir un mínimode 25 asistentes.
Os interesados en anotarse poden facelo enviando unha mensaxe privada á páxina de Facebook da Abellariza ou un correo electrónico ao enderezo [email protected]. O prazo de inscrición remata o sábado 25 de febreiro.
Novas relacionadas
- Abellariza organiza un taller de Tai Chi Chuan en Ponteceso
- De ruta con Abellariza
- Abellariza aposta polo deporte na rúa
- A agrupación deportiva Abellariza colle impulso.
- Unha Abellariza para que non todo sexa fútbol por Ponteceso
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Abellariza