Abril é o mes do libro na Fundación Eduardo Pondal

11:52 30/03/11

E como non podía ser doutro xeito, a Fundación máis activa da bisbarra organiza numerosas actividades.
Programa do Libro na FEP
- Venres 1 de abril: "Os novos balbinos". 11.00 h. Na biblioteca González Garcés da Coruña participación na actividade de AGALIX da conmemoración dos 50 anos da publicación das Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Participan Alba Costa, Tamara Lema e Esteban Rey.
- Sábado 2 de abril. Merendas Animadas. Club de Lectura na Casa do Cura. 16.30 h. Tamara Lema e Silvia Losada.
- Domingo 3 de abril: Ensaio "Das Noites do Prácido Luar". 11.00 h. Con Lucho Penabade.
- Sábado 9 de abril. Merendas Animadas. Club de Lectura na Casa do Cura. 16.30 h. e A Cova Céltica. Con Concha Blanco e Xelucho Abella. Exposición e xogo interactivo Gundar e o cabalo de oito patas.
- Domingo 10 de abril. Ensaio: Das Noites do Prácido Luar. 11.00 h. Con Lucho Penabade.
- Sábado 16 de abril Merendas Animadas. Club de Lectura na Casa do Cura. 16.30 h. e 17.30 h. Non des a esquecemento. O libro da parroquia de San Tirso de Cospindo desde a Casa do Cura. Participan: os últimos habitantes da casa reitoral de Cospindo (Maruja do Cura e o seu fillo Ricardo Torrado, que naceu nesta casa, máis Manolo do Cura)
- Domingo 17 de abril. Ensaio. Das Noites do Prácido Luar. 11.00 h. Con Lucho Penabade.
- Xoves 21 de abril. Emisión do Programa Ben Falado! da TVG: “A Campana de Anllóns”. Lectura de poemas polo alumnado do I.E.S. De Ponteceso.
- Sábado 23 de arbil. Día Mundial do Libro: Merendas Animadas Contar e Cantar con Tamara Lema, Silvia Losada, Alba Costa e Esteban Rey máis Lectura Cívica de textos de escritores con Casas-Museo en España e que fixesen referencia a Galicia nos seus textos. 20 lectores e 20 textos. “Galicia presente na obra de escritores españoles”. Boandanza e saúde desde Ponteceso a todas as Casas-Museo destes escritores.
Novas relacionadas
- A Fundación Eduardo Pondal tramita a súa alta na Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores.
- Muxía celebrou o Día Mundial da Poesía da man da Fundación López Abente.
- A Cultura e as matemáticas invanden o IES Ponteceso.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
Fonte
- Nota de prensa da FEP.