Adxudicadas as obras de reforma das instalacións térmicas no IES Ponteceso
A Xunta anunciaba onte a licitación da reforma das instalacións térmicas do IES Monte Neme por máis de 412.000 euros. A finalidade do novo proxecto é substituír as tres salas de caldeiras repartidas polos distintos módulos do centro, por unha nova centralizada.
Para ela utilizarase un almacén existente que se amplía, onde se localizarán as tres novas caldeiras de 128 kW cada unha, sendo a potencia total 384kW, así como os depósitos de pellets, depósitos de inercia e demais instalacións necesarias. Toda a instalación complétase con tubaxes de conexión illadas, para levar a enerxía a todos os módulos do centro educativo. O prazo de execución desta actuación é de 3 meses.
Obras centros educativos Bergantiños-Costa Morte
Hai unha serie de obras, por 4,7 millóns de euros en 31 actuacións que inclúen 13 grandes obras en Cabana, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe, Ponteceso e Fisterra, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.
CONCELLO |
CENTRO |
TIPO DE OBRA |
IMPORTE |
CABANA |
CPI AS REVOLTAS |
MELLORAS SECTORIAIS. CUBERTAS |
677.210,56 € |
CAMARIÑAS |
CEIP O AREAL |
INSTALACIÓN DE ASCENSOR |
71.383,04 € |
CARBALLO |
IES ALFREDO BRAÑAS |
MELLORAS SECTORIAIS. |
276.192,54 € |
CARBALLO |
CEIP DE NÉTOMA-RAZO |
MELLORAS SECTORIAIS. |
197.320,20 € |
CARBALLO |
IES MONTE NEME |
BIOMASA |
412.111,21 € |
CEE |
CEIP PLURILINGÜE EUGENIO LÓPEZ |
MELLORAS SECTORIAIS. |
535.915,91 € |
CORISTANCO |
CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL |
REHABILITACIÓN INTEGRAL |
621.093,00 € |
CORISTANCO |
CEIP DE BORMOIO-AGUALADA |
ASCENSOR |
58.854,47 € |
LARACHA, A |
CEIP ALFREDO BRAÑAS |
MELLORAS SECTORIAIS. |
219.184,22 € |
LAXE |
CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA |
MELLORAS SECTORIAIS. |
420.219,69 € |
PONTECESO |
CEIP EDUARDO PONDAL |
MELLORAS SECTORIAIS. |
108.974,85 € |
PONTECESO |
IES EDUARDO PONDAL |
ASCENSOR |
72.561,07 € |
FISTERRA |
CEIP MAR DE FORA |
OBRAS DE AMPLIACIÓN E OUTRAS MELLORAS |
905.849 € |
|
TOTAL |
|
4.576.869 € |