Alexander Costa Costa, alumno do IES Eduardo Pondal, entre os 5 mellores do Concurso Canguro matemático a nivel estatal

08:27 04/06/24
Segue a Costa da Morte demostrando o potencial do seu alumnado. Desta volta foi o pontecesán Alexander Costa Costa, alumno de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o que nos dá unha alegría a toda a comarca ao obter o quinto posto (igualado a puntos co terceiro) no XXIX concurso Canguro matemático. Organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM), o evento celebrouse o 21 de marzo e Alexandre puido recoller o seu diploma.