Aprendendo a coidar o pemento bergantiñán


Continúa o EFA Fonteboa, lembren escollido o Bergantiñán do Ano, dando sesións de horticultura. Desta volta foi a través da Xornada técnica de transferencia en horticultura “O cultivo do pemento en Bergantiños” que artellou o GDR Bergantiños, dentro das actividades de promoción territorial e adquisición de capacidades.
Dende un punto de vista totalmente práctico, máis dunha ducia de horticultores, ampliaron os seus coñecementos técnicos, compartiron experiencias e acadaron solucións ás distintas problemáticas que teñen que afrontar nas súas explotacións. Co apoio dun técnico agrónomo, tratáronse aspectos como: as técnicas de cultivo, as principais pragas e enfermidades, e as medidas fitosanitarias aplicables tanto no cultivo ecolóxico como no convencional. Así mesmo abordouse a práctica cultural coñecida como “entutorado de plantas” que permite optimizar as condicións de cultivo en invernadoiro e, en consecuencia, a optimización da produción.
A xornada finalizou cunha visita á explotación da horticultora Lucía Lorenzo, en Xornes (Ponteceso).

Novas relacionadas
- Bergantiños pide formación e horticultura.
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- GDR Bergantiños.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).