Luns. 20.05.2019
El tiempo

Arrinca un Festiletras de excepción

Arrinca un Festiletras de excepción

Arrincou. O Festiletras 2012, tras 30 anos de bulir cultural e milleiros de vitaminas para o galego, arrincou onte cunha convivencia dos centros de ensino da comarca de Bergantiños, nomeadamente o Colexio Rural Agrupado (CRA) Novo Mencer (Coristanco), o CRA Os Remuíños (Cabana de Bergantiños), o Centro Público Integrado As Revoltas, o CRA Nosa Señora do Faro, e os CEIP de Laxe, Eduardo Pondal e As Forcadas (Corme).
Nesta actividade a animación musical correu a cargo do home orquestra Cé Pantasma e do músico Manuel Caridad.

Ademais, Alumnos e alumnas destes centros ofreceron un recital poético cos versos de Eduardo Pondal sobre as terras de orixe dos seus centros educativos, que se completou cunha ofrenda floral no monolito pondaliano. A escritora ceense María Canosa foi a encargada de presentar o acto e de ler o pregón.

Para decatarnos da entidade da proposta destacamos que á cita acodiu o propio secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que gabou o frutífero traballo de dinamización cultural levado a cabo durante as últimas décadas.

Destacar que o festival naceu da iniciativa das 5 entidades organizadoras –Asociación Cultural Monte Branco, Fundación Eduardo Pondal, Asociación Cultural Inllar, Asociación Cultural A Oliveira de Monte Branco e Colectivo Con V de Valarés– e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Máis información

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

Comentarios