Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arrincou a mediática campaña do percebe do Roncudo

Os mediaticos percebeiros de Corme arrincan a temporada de Nadal no Roncudo
Os mediáticos percebeiros de Corme arrincan a temporada de Nadal no Roncudo
Arrincou a mediática campaña do percebe do Roncudo

Eran as 9:00h da mañá, coincindido coa marea baixa, e chegaban unha trintena de percebeiro@s (5 son mulleres, xa non son as máis de 20 de antano) ás rochas do Roncudo. As míticas pedras cormelás levan practicamente esperando todo ano (excepto os encontronazos cos furtivos) por estas singulares datas, para que o “percebe máis rico do mundo” chegue ás mesas máis escollidas durante este Nadal.

Aló embaixo esperaban numerosos xornalistas, o que dá conta do mediática que se está convertindo esta profesión. O alto risco, que se ten cobrado ducias de vidas, e o valor deste marisco ben o merecen. Tele5 ou TVG aproveitaban para facer completas reportaxes, e vendo como ademais, o bo mar que reinaba esta mañá, e que permitía que tod@s cubrisen os cupos, ademais con percebe de moi boa calidade, do groso.

Percebe do Roncudo de Maxima calidade este Nadal

Estarán durante toda esta semana polo Roncudo, e para a vindeira, de cara a fin de ano, terán que ver o estado das rochas, segundo o que o mar lles permita ir extraendo (a partir do mércores volven dar un tempo máis típico destas datas).

Esperan que o percebe se venda ben no muro da Lonxa da Coruña, e en función da oferta que haia, os prezos poidan chegar aos 260 euros o kilo, como o ano pasado.

Unha campaña, en calquera caso, moi importante para o sector do percebe. Destes días dependerán case 3 meses do anos, pois agora, e ata semana Santa, e sobre todo ata o verán, tocaralle deixarlle descansar as pedras para rexeneren. Iso sempre que a problemática relativamente solventada da mexilla así o permita.

Percebeiros do Roncudo en plena faena

Novas relacionadas

Comentarios