Os percebeiros de Corme volven ao Roncudo
Non haberá festa, pero o percebe do Roncudo, o “mellor do mundo” segue medrando nesas rochas perigosas. Estes días, coa boa mar que está habendo, a confraría abríu onte e máis hoxe, e os profesionais puideron ir ás pedras máis famosas, como a do Roncudo, ou a Pedra da Maior, xusto debaixo da farola.
Pedras que levan sen tocar dende o verán pasado, e que coma nas tres xornadas de comezos de xullo (o pósito tamén abriu a zona do Roncudo os días 5, 6 e 7 de xullo), están dando uns percebes de grandísima calidade. E de gran tamaño os que colleron os 34 mariscador@s, entre os que se atopan 4 mulleres.
Decidiron abrir un par de días á semana para intentar estirar a temporada e facer o menor dano posible ás pedras para poder volver outro par de días en agosto.
Así foron os percebes do Roncudo de onte
De calquera xeito, están contentos cos prezos, que está conseguindo Paco Moinelo, o que subasta o 95% do percebe cormelán, no muro da Coruña. O grande estase vendendo a 80-90 euros o kilo; o mediano a 50 e o pequeno a 20-25.
Esperan en agosto ter outra tacada, mentres preparan, con todos os compañeiros do resto de Galicia, un bo ataque á Consellería de Mar arredor da falta de resolución ao conflito da mexilla, do que falaremos estes días.
O patrón maior de Corme, Roberto Vidal, nas rochas do Roncudo
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Xuño 21: A Confraria de Corme fai balance do proxecto de control e vixilancia dos bancos marisqueiros.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 28-12-2020: Os percebeir@s analizan as perdas por non ter traballado o pasado sábado.
- 16-12-2020: A morte do percebeiro en Laxe reabre o debate sobre as condicións do colectivo.
- 14-12-2020: Atopan sen vida un percebeiro que caeu ao mar en Laxe.
- 20-10-2020: Tres percebeiros rescatan un compañeiro que caeu ao mar:
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 13-10-2020: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena .
- Maio 2020: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.
- Gracias percebeir@s!.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.
- Piden a mellora do coeficiente redutor de xubilación para os colectivos de mariscadoras, percebeiros e recolectores de algas.