O BNG de Ponteceso presentou a súa lista para facer un goberno de transformación

Un cento de veciñas e veciños de Ponteceso arrouparon ao BNG na presentación da súa candidatura na noite do venres na Casa dos Veciños do Couto. No acto, a candidata do BNG Fátima Rodríguez Gonzálvez destacou que “Ponteceso merece moito máis: ilusión, ideas novas e ganas de cambiar as cousas”. Afirmou que “o BNG ten un modelo municipal de éxito que aporta dinamismo social, económico e cultural, e que desde o Bloque se traballará para colocar un concello do rural na vangarda, cun proxecto transformador que beba do modelo municipal do BNG, un modelo que transforma en positivo mellorando a vida das persoas, que xera dinamismo económico e social, que xestiona con eficacia e con transparencia cada euro, un modelo municipal que é referente dentro e fóra de Galiza”.
Falou tamén o vicepresidente de Deputación da Coruña, Xosé Regueira e o número 2 da candidatura Miguel Pose, quen destacou o liderado da candidata e o convencemento de que será a primeira alcaldesa de Ponteceso.
A lista completa é:
- 1. Fátima Rodríguez Gonzálvez.
- 2. Miguel Pose Amado.
- 3. María Vitureira Facal.
- 4. Martín Bermúdez Rodríguez.
- 5. Xurxo Souto López.
- 6. Mari Lista Neira.
- 7. Juan Bermúdez García.
- 8. Rosa Haz Chouciño.
- 9. José Luís Grobas Amado.
- 10. Lucía Veciño Souto.
- 11. Bryan Martínez Oanes.
- 12. Sandra Souto Gómez.
- 13. Nando Rivera Pose.
- Sup. 1: Miguel Anxo Mato Fondo.
- Sup. 2: Andrea Pérez Duarte.