Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto

Lois Carbaliido alcalde ponteceso
Lois Carbaliido, alcalde ponteceso
Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto

Vai provocando consecuencias o mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. Despois de que unha moción presentada por APIN provocase, gracias aos votos a favor de 5 edís socialistas, a redución dol soldo da alcaldía (de 48 a 36.000), o propio Lois Carballido responde anunciando a súa “renuncia ao seu soldo municipal”. “No día de hoxe solicitei o meu reingreso ao instituto de Ponteceso”, valora.

Carballido sinala que “estivo 9 anos na política local sen cobrar do Concello, tres deles de Alcalde. Miña muller máis eu somos profesores de inglés no instituto local, por oposición, e afortunadamente non necesitamos os ingresos do Concello”, afirma.

Aproveita ademais para lanzar dardos, recordando que “Pose Verdes cobraba un soldo de tenente Alcalde, que empalmou logo coa súa xubilación.

“Vou seguir como Alcalde aínda que estarei de profesor para dar sustento aos meus fillos. As iniciativas que sexan para mellorar o Concello, van contar co meu respaldo, e espero tamén contar co respaldo de toda a Corporación, para facer do noso Concello un modelo de benestar e desenvolvemento”, conclúe.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios