Carlangas, Xabier Díaz, The Rapants e Rodrigo Cuevas, primeiras confirmacións do Festiletras

13:52 25/03/22
Contamos os días xa para a volta do Festiletras 2022, que se celebrará na aldea do Couto do 1 ao 4 de setembro. Hoxe a Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco presentaban as primeiras confirmacións para esta, o evento cultural máis grande de Galicia.
O eterno músico galego Xabier Díaz, o “axitador folclórico” ovetense Rodrigo Cuevas, a banda muradá The Rapants, e Carlangas, o cantante de Novedades Carmiña (banda que vén de anunciar a súa separación) son as primeiras confirmacións para dar conta do nivel ao que nos enfrontamos.
Novas relacionadas
- Festiletras 2021: O Festiletras, a aldea que fai o evento cultural máis importante de Galicia .
- Setembro 21: A música infantil abriu un novo e espectacular Festiletras na aldea gala do Couto.
- Agosto 21: 160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país.
- Marzo 2021: Xarda: 30 anos de vida veciñal e cultural no Couto.