Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros

The Rapants estrearon novo e divertido EP

Espectacular o camiño que están collendo os muradáns The Rapants. Esta pasada fin de semana resentou o seu novo EP cun concertazo na Sala Innclub da Coruña. “Nic Bahia” é ademais unha oda a unha extinta discoteca muradá, que segue a mesma liña divertida dos seus anteriores singles A Festa Do Meu Enterro e La Mítica.

Foi o concerto como premio do concurso de bandas emerxentes da Fundación Paideia - Deputación de A Coruña e Estudios Mans (Estudios Mans Salas). Compartiron escenario con Apart e Grande Amore, co que incluso cantaron xuntos o seu Novo Tema Lucía Hidalgo.

Concerto de The Rapants na CorunaThe Rapants na InnClub

”Nic Bahia” foi gravado, misturado e producido por Hevi no seu Laboratorio Soyuz (Trazo), co mástering, de Cem Oral, e a imaxe da portada do experimentado deseñador galego Mario Fea. Como é xa habitual nestes catro rapaces muradáns, os tres temas en galego que compoñen Nic Bahia veñen cargados de enerxía e ritmos movidos que buscan facer bailar ao público. Quizais a novidade resida na aparición dun maior protagonismo do baixo eléctrico e da batería, ao cal debe sumarse un xogo de guitarras “ochentero”, con delays e chorus que recordan a artistas como The Smiths ou The Cure. Neste tipo de influencias atópase o motivo do bautizo de Nic Bahia, local emblema da historia nocturna de Muros.

En definitiva o EP, que conta co apoio de Carrilanas Esteiro e Cultura da Deputación da Coruña, manifesta a partes iguais o evolutivo crecemento dos muradáns así como a actitude que os caracterizou dende os seus inicios, convertindo á banda nunha das bandas que serán protagonistas dos festivais de 2022.

Outras novas musiqueiras

NOVAS sobre as bandas muradás

The Rapants estrearon novo e divertido EP