Venres. 29.03.2024
El tiempo

A música infantil abriu un novo e espectacular Festiletras na aldea gala do Couto

Festiletras
As criaturas da Escola de Verán do Couto disfrutaron da Xornada de Música Infantil que abriu o Festiletras 2021
A música infantil abriu un novo e espectacular Festiletras na aldea gala do Couto

Arrincaba onte o Festiletras 2021. A Festa das Letras Galegas máis importante do país, levada ao mes de setembro pola pandemia, que chega da Fundación Eduardo Pondal, da Asociación Monte Branco e de toda unha manchea de colaboradores da brava aldea pontecesá do Couto.

Unha das consecuencias de ser en setembro, é que o programa arrinca enfocada á envexada Escola de Verán. As 160 criaturas que disfrutan dende o 3 de agosto deste marabilloso campamento, teñen 3 días de actividades paralelas no Festiletras. Onte arrincaban coa Xornada de Música Infantil, cos concertos ds Golfiños, de Magin Blanco e a Banda das Apertas e de Mamá Cabra. Magín entonou un “Todos somos Capitáns” que xa se convertiu nun dos himnos da escola por iso do “compañeiros de lugar”, e Mamá Cabra contou a historia musicada da Bugina con Bellón Maceiras.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Festiletras (@festiletras)

Polo camiño arrincaron outras actividades, como as charlas da escritora ceense María Canosa e o científicon xalleiro Ángel Carracedo (aí é nada), ou os obradoiros con Juan Castro Rivadulla e María Solar.

Tamén arrincaron as accións creativas co Colectivo Mutante, Møu e Sokram, que seguen a embelecer a aldea a base de arte urbana.

Máis programa

O Festiletras continúa ata o domingo, con continuas actividades. As citas principais xa teñen as entradas esgotadas, como a cita de hoxe xoves con Carlos Blanco e Touriñán, o o Concerto de Guadi Galego do sábado. Pero hai moito máis como vemos aquí:

Xoves 2 de setembro:
- 11.00 horas, Lendo a ciencia. Rosa Aneiros con “Ceo Aberto e Íntegro”; Xelís, o guieiro das botellas do mar; Obradoiros con mariscadoras e redeiras.
- 15.00 horas. Recollida de Plásticos con Diversiplás;
- 16 .30 horas. Henrique Harguindei; Celso Fernández Sanmartín cos seus “Contos de animais”.
- 17.00 horas. Inacio Vilariño e Fantoches BAJ “Fábula galénica”;
18.00 horas: Humor con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán.

Venres 3:
- 11:00h: Festiciencia: Lendo a ciencia con Sabela Fernández Trelles: “Que queres ser de maior, pequena?”; Ademais haberá Feira Científica, Obradoiros e Espectáculos.
- 16 .00 horas: Luísa Martínez “Puf, vaia peido”.
- 18.00 horas. Concerto (con entrada) de Fetén Fetén e Amigxs.
Xurxo Souta será protagonista dos recoñecementos Bos e Xenerosos.

Sábado 4:
- 11.00 horas. 8º Encontro Aldeas Singulares; e FESTICOP, Feira das Cooperativas; Ademais, pasacabanotes coa banda Inllar.
- 13.00 horas. Banda Infantil de Xinzo, Ponteareas;
14.00 horas. Concerto de Caldo;
- 15.00 horas: Pasacabanote con A Tagea e A Requinta da Laxeira.
- 18.00 horas. Concerto (coas entradas agotadas) de Guadi Galego e Amigxs.
Ademais, Elena Ferro será a protagonista dos Bos e Xenerosos.

Domingo 5:
- 11.00 horas: 39º Feira de Artesanía; co Espazo Deleite co Melga; e Pasacabanotes cos Viqueiras con cabezudos.
- 14.00 horas. Concerto de Faíscas da Pontraga.
15.00 horas: Pasacabanotes cos Farrapos e Xa era hora.
- 18.00 horas. Concerto (con entrada) de Xosé Lois Romero & Aliboria e Amigxs.
Ademais, Quique Peón será o protagonista dos recoñecementos Bos e Xenerosos.

Novas relacionadas

Comentarios