Venres. 29.03.2024
El tiempo

O CEIP As Forcadas aproveita a corentena para dixitalizarse

WhatsApp Image 2020-04-27 at 09.47.37
O CEIP As Forcadas aproveita a corentena para dixitalizarse

O proxecto de dixitalización do CEIP As Forcadas de Corme empeza a coller forma e deu o seu primeiro paso. Gracias á iniciativa da Anpa As Forcadas, e voa axuda de EDP Renewables, a ANPA xa ten no seu poder unha serie de tabletas para o uso de todo o alumnado do centro.

O centro, en colaboración co Concello de Ponteceso, fará chegar as tabletas a todos os alumnos nas súas casas para evitar desprazamentos innecesarios. Así mesmo, dende o Concello poñen a disposición das familias que non teñen conexión de internet unha serie de solucións e axudas para subsanar calquer dificultade de conexión.

O proxecto de dixitalización do centro propiamente dito e a súa presentacion oficial farase real en setembro coa entrega por parte de EDP Renewables do material tecnolóxico restante.

Comentarios