Unha charla en Ponteceso para entender a factura da luz e o mercado enerxético
Agora é o #kilowatiohora, Antes foi a #primaderiesgo. Os medios estatais non paran de utilizar termos complicados sen darlle ese contextos que nos axudaría a entender mellor o noso mundo.
Para loitar contra esa sobre e desinformación, a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña e o Concello de Ponteceso organizan esta tarde de venres 22 de abril, ás 19:00h unha charla na Biblioteca Municipal, unha charla para dar a coñecer a veciñanza todos os detalles para entender a factura da luz e os diversos conceptos do mercado da electricidade.
Jesús Castro, membro da FAEPAC, explicará a letra pequena dos contratos de electricidade para axudarmos a decidir cal é o contrato máis vantaxoso en cada momento, como comparar as condicións, comparar e elixir en beneficio do gasto de cada usuario.