Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O Ciclo de Teatro de Ponteceso chega con dous pases por función

ciclo_de_teatro Teatro 2020 1
O Ciclo de Teatro de Ponteceso chega con dous pases por función

Unha das grandes novidades do XXVII Ciclo de Teatro do concello de Ponteceso é o doble pase por función, ás 18.30 horas e 21.00 horas. Así, o aforo limitado do salón de actos do Edificio das Escolas non impedirá que as obras dos sábados teñan unha boa acollida.

O Ciclo comeza o 7 de novembro con Teatro do Andamio e o seu “O Ferro”; o 14 de novembro será o turno de Contraproducións Teatro coa súa obra “A compañeira de piso”; o 21 de novembro a obra escollida será “Sós”, por Malasombra Teatro”; e, para rematar o Ciclo de Teatro, o 28 de novembro Talía Teatro amenizará a tarde con “A primeira vez”.

As entradas poden retirarse de luns a venres, na mesma semana da obra, no Departamento de Cultura ou, se quedasen, unha hora antes da función no Edificio das Escolas.

Comentarios