Claudia Castro, unha das gañadoras do Premio de poesía María Mariño


Seguimos contabilizando premios para poetas costeiros, que seguen a demostrar que somos unha verdadeira potencia en materia poética. Desta volta falamos de Claudia Castro, xornalista e filóloga compostelá namorada da Costa da Morte, e xa unha veciña máis de Corme.
Vén ser escollida como unha das gañadoras do VI Premio de poesía María Mariño, outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Se o primeiro premio levouno Teresa Iglesias Yugat, pola súa obra Nos arrabaldes do tempo, o segundo premio, dotado con 200€, é para Claudia Castro, pola súa obra “Ela, muller en construción”. Un só poema que vale un premio nun certame no que o xurado (composto por Ramón Brea, Guillermina Dominguez, Marisol López, María José Rodríguez e Manuel Rodríguez) destacou a “alta calidade dos traballos presentados”.
As premiadas recibirán o galardón o vindeiro 19 de maio na celebración do Día das Letras Galegas.
Novas poéticas
- Miro Villar: Paco Souto, In memoriam.
- 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Maio 17: Modesto Fraga celebra 20 anos de poesía co seu novo libro Devalar sen pel.
- Xaneiro 17: Os fillos da fame de Ismael Ramos, Mellor Libro de Poesía do 2016 para Fervenzas Literarias.
- Decembro 16: Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia.
- Novembro 16: Xaime Trillo estrea o seu primeiro poemario: Anatomía da ira.
- Novembro 16: Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- Setembro 16: O poeta do mar, Xosé Iglesias, gaña un novo premio e publicará o seu segundo poemario.
- Maio 16: María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Óscar de Souto.