Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Club de Ciencias do IES Eduardo Pondal, a final do Concurso Incubadora de Sondaxes

Alumnado do IES Eduardo Pondal
O Club de Ciencias do IES Eduardo Pondal, a final do Concurso Incubadora de Sondaxes

Grandes novas para o IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Esta pasada semana fallouse a primeira fase do XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e un traballo do Club de Ciencias do centro pontecesán foi seleccionado como finalista na categoría de 3º e 4º da ESO.

O grupo de alumn@s terán que defender o seu proxecto “Lobo ou can, ti que dis?” o vindeiro venres na facultade de Matemáticas da USC, para facerse con este certame organizado pola Organizado pola Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O concurso premia proxectos de estatística e investigación entre alumnos de secundaria de Galicia. O estudo seleccionado é un proxecto de ciencia cidadá que busca dar resposta a unha pregunta repetida: “Somos capaces de distinguir un lobo dun can?” Tras obter case 1.000 respostas en apenas tres semanas o estudo estatístico levou a unha conclusión que Brenda Rodríguez, Tomás Varela, Elena Torrado, Martín López e Yanira Castro defenderán nun acto que terá lugar o venres 11 de xuño en Santiago de Compostela acompañados pola profesora Clara Regueira.

Novas relacionadas

Comentarios