Concello e Empresarios póñense de Nadal en Ponteceso


Chega o Nadal e xa está en marcha en Ponteceso. O Concello prantexa un nadal de conciliación e actividades deportivas e culturais, con tenis, informática, certame coral, cine e teatro. E paralelamente, Os Empresarios de Ponteceo sacan a Campaña Comercial de Nadal, que este ano se multiplica por dous.
Unha campaña que este ano consistirá en cubrir as papeletas que se reparten nas tendas e depositalas nas furnas que os comercios teñen repartidas entre todos os participantes na campaña. Ademias duplícanse os premios, que este ano serán 10, os que recibirán vales de compra pola cantidade de 300 euros a gastar en tendas e empresas de Ponteceso.
O primeiro sorteo será o 21 de decembro en directo pola radio e daranse 5 premios e o seguinte será o día 7 de xaneiro e haberá outros tantos premiados.
Actividades do Programa Municipal
- Concilia no Nadal: actividade dirixida a nenos/as de 3 a 10 anos de idade. Inscrición no departamento de educación familiar (preferencia empadroados/as, prazas limitadas e por rigorosa orde de chegada). Terá lugar no edificio verde de Ponteceso (antiga ESO) e na Casa do Mar
de Corme.
- Ponteceso: 1, 15, 22, 26,27, 28 e 29 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 16:00 a 19:00h.
- Corme: 26,27, 28 e 29 de decembro, de 10:00 a 13:00 h. - Campaña de prevención do VIH: o 3 de decembro repartirase información e material sobre esta temática (folletos e preservativos) nos diferentes centros municipais, centro de saúde e no IES.
- Tenis en Nadal: nas mañás do 27 e 28 de decembro nos pavillóns municipais de Corme e Ponteceso.
- Nas escolas de informática didáctica que se están levando a cabo nas aulas municipais de Corme e Ponteceso traballarase transversalmente a temática do Nadal a través do Proxecto European Santa Claus.
- XVI Certame de Corais: celebrarase o sábado 22 de decembro ás 20:30 horas na Igrexa dos Remedios de Corme coa participación das corais do concello e unha coral convidada de Betanzos.
- Cine de nadal. 27 de decembro ás 19.00h no pavillón municipal en Corme. 3 de xaneiro ás 19.00h na Casa da Cultura en Ponteceso.
- Teatro de nadal. 28 de decembro ás 19.00h na Casa da Cultura en Ponteceso. “Pequena” de Talía Teatro.
- Visita do Carteiro Real nos colexios: o día 17 visitará á Gardería Galiña Azul, o 20 ao CRA e o 21 ás Forcadas e ao Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que se lles facilitaron desde o departamento de Normalización Lingüística.
- Cabalgata dos Reis Magos: o venres 4, pola tarde, e o sábado 5, pola mañá, os Reis Magos visitarán as parroquias da localidade en tren.
Despois, de 17:00 a 20:00 horas as Súas Maxestades recollerán as cartas no pavillón de Ponteceso onde vos espera unha festa real. Inchables, degustación de roscón de reises con chocolate, etc.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).