Coñecendo Ponteceso pola noite

13:16 11/07/22
O programa "Camiñar na noite" estreábase este pasado venres 8 de xullo coa súa primeira expedición na que participaron 54 persoas. Os caminantes sairon da Praza do Recheo sobre as 22.00h e desfrutaron coñecendo historias, recunchos do noso fermoso concello e ver os osos da balea varada fai tres anos en Balarés.
O programa continúa, e as persoas que estén interesadas en participar na próxima ruta que se celebrará o vindeiro
venres 15 de xullo, ás 21:30 horas deben inscribirse previamente de luns a xoves no Rexistro Xeral do Concello de Ponteceso e na Oficina Municipal de Corme ou cubrir este formulario.
