Luns. 30.03.2020
El tiempo

A Conselleira do Mar mirou, en primeira persoa, os desperfectos do porto cormelán

A conselleira do Mar de visita por Corme
A conselleira do Mar de visita por Corme
A Conselleira do Mar mirou, en primeira persoa, os desperfectos do porto cormelán

O de Barizo terá que esperar, pero o de Corme xa é unha realidade dende hai meses. Quixo pasar a conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola confraría de pescadores de Corme, para ver o novo guindastre (para 4 toneladas), e manter un encontro cos seus representantes para coñecer as súas necesidades e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade.

A Conselleira escoitou as demandas do sector, e viu de primeira man o esfolado que están os pantaláns ou a antiga rampa do varadero, completamente esfolado. O pósito xa enviara unha serie de 20 accións necesarias sobre o mantemento do porto (como o estado dos fondeaderos, as varandas…) pero non é o mesmo que o vexa en persoa a propia Conselleira.
“Sabemos que non podemos pedir investimentos millonarios para unha confraría con 80 socios, pero queremos infraestruturas básicas para levar o día a día nun porto pequeno como o noso”; explica o patrón maior Roberto Vidal.

A confraría tamén espera unha máquina Tipef, pois é unha das poucas que non ten.
Así mesmo houbo tempo para falar tamén do polbo, pois cando hai mal tempo todas as embarcacións tiran as nasas un por riba dos outros e sos barcos pequenos cóstalle moito levantar. O pósito solicitou un permiso para que as embarcacións pequenas poidan, durante os dous meses máis bravos do inverno, acceder algo máis ao interior da ría, sen falta de estar concentrados no mesmo punto.

visita conselleira a Corme

Xubilación e mexilla, pendentes

conselleira mar encontro mariscadoras anllons

Apareceu nun momento importante a Conselleira, que tamén mantivo un encontro coa Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Río Anllóns. Momento no que as traballadoras e traballadores do mar están a mellora do coeficiente redutor de xubilación.

Tanto este como oasunto da mexilla quedaron pendentes de tratar coa administración.

Novas relacionadas

comentarios