Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Conselleiro Francisco Conde visitou os empresarios de Ponteceso

Empresarios de Ponteceso co PP
Empresarios de Ponteceso co PP
O Conselleiro Francisco Conde visitou os empresarios de Ponteceso

Onte recibían os empresarios de Ponteceso, unha nova reunión co PP. Despois de recibir á conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, desta volta mantiveron, coa mediación da candidatura do PP de Ponteceso ao Vicepresidente primeiro e Conselleiro de economía, industria e innovación Francisco Conde.

O Conselleiro visitou varias das nosas empresas, e despois mantiveron unha reunión na Asociación do parque empresarial Tella onde se dirixiu aos empresarios xunto co delegado territorial da Xunta Gonzalo Trenor e o candidato á alcadía de Ponteceso Jose Manuel Mato. Os dirixentes escoitaron as inquietudes e problemas dos empresarios,.

”Aquí vimos a examinar a José Manuel Mato”, bromeaba Conde ao darlle paso ao candidato. Un Mato que lles falou aos seus “compañeiros”, e lles lembrou que está orgulloso de ter xa a lista completa dende hai máis dun mes.

Novas relacionadas

Comentarios