Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Continúan as actividades para todos os públicos en Cabana

Continúan as actividades para todos os públicos en Cabana
O Concello de Cabana de Bergantiños segue adiante co seu programa cultural e deportivo para este verán de 2011. Hoxe facemos balance do que foron as actividades que se desenvolveron nos últimos días, nos que salientaron unha nova ruta para os maiores e o concerto de Abbey Road no Auditorio Municipal. Os maiores percorreron de novo Ponteceso Os maiores do Centro de Día de Neaño, en Cabana de Bergantiños, participaron na xornada do pasado xoves, 21 de xullo, na segunda das rutas polas terras de Ponteceso. Non estiveron sós os cabaneses xa que foron acompañados doutros maiores dos concellos de Zas, Laxe, Cabana e Ponteceso. A ruta comezou na vila de Pondal e rematou na parroquia de Anllóns. Na cita, que xa é a cuarta dentro deste tipo de rutas, participaron un total de 55 persoas. En todo momento estiveron acompañados polos técnicos de turismo dos concellos de Cabana e Ponteceso, Ángel Eiroa e Javier Couto, respectivamente. Tamén estiveron Eva Cousillas, Lorena Pailos e Cristina Morandeira. Este xoves, 28 de xullo, será a derradeira ruta do programa. Desenvolverase en Laxe, nas parroquias de Traba e Laxe. Concerto de Abbey Road Unha das citas máis esperadas do verán en Cabana era o concerto de Abbey Road, unha banda de rapaces naturais da nosa zona e que fan versións de temas pertencentes a grupos coñecidos a nivel internacional, con The Beatles como referenza. Entre os seus compoñentes atópase Martín Senande, residente na parroquia de Canduas. O Auditorio Municipal estivo ateigado para a ocasión. Vindeiras citas Esta semana, Cabana vivirá tres noites intensas de risas, música e maxia. Serán sempre a partir das 22:00h. Hoxe martes, desenvolverase unha actuación do clown Peter Punk, un artista moi aplaudido na xornada do pasado domingo na Gala do Circo que se celebrou no Castro Animado. A cita será no Auditorio Municipal. Por outra banda, o mércores 27 a animación nocturna correrá a cargo de Bloquinho de Percusión. Inicialmente está prevista a realización deste concerto na Praza do Pendón, pero no caso de mal tempo celebrarase no Auditorio Municipal. A última cita desta semana en Cabana será o xoves 28, cunha actuación de maxia a cargo de Cayetano Lledó. As tres actividades teñen carácter gratuito e están dirixidas a todo tipo de público.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.
  • Fotografías de Xosé Manuel Varela.

Comentarios