Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Maiores e pequenos desfrutan das actividades artelladas polo Concello de Cabana

Maiores e pequenos desfrutan das actividades artelladas polo Concello de Cabana
Hoxe traemos os resultados dos programas de cultura e lecer pensados polos concellos, máis concretamente en Cabana de Bergantiños. I é que maiores e pequenos estiveron e están a desfrutar das actividades organizadas pola administración municipal cabanesa. Os maiores coñecen a bisbarra Os maiores do Centro de día de Neaño, xunto con outros dos concellos de Zas, Laxe, Cabana e Ponteceso, proseguen co seu programa de coñecer as bisbarras de Bergantiños e Soneira. En semanas anteriores estiveron polas terras de Cabana e Zas, pero nos últimos días fixeron a primeira das rutas que transcorre pola terra natal de Eduardo Pondal. Nesta terceira sesión, un total de 55 persoas entre maiores e monitorado acudiron á casa de Eduardo Pondal, onde foron recibidos polo seu actual propietario, Jaime Valdés Parga. Despois transitaron polas beiras do Anllóns, achegáronse á Fundación Eduardo Pondal e a igrexa de San Tirso de Cospindo para, finalmente, dirixirse a pé ata o areal de Valarés. En todo momento foron acompañados por Javier Couto Castro, técnico de turismo de Ponteceso, Ángel Eiroa Pose, técnico de turismo de Cabana, e Eva Cousillas, Lorena Pailos e Cristina Morandeira. A próxima ruta volverá a ser por Ponteceso, mañá xoves 21 de xullo, na que coñecerán a parroquia de Anllóns. O último xoves deste mes, 28 de xullo, coñecerán as terras da parroquia de Santiago de Traba en Laxe. A primeira quenda de pequenos rematou o Programa Meniñeiro O pasado venres, 15 de xullo, rematou as súas actividades o primeiro grupo do Programa Meniñeiro. E na Casa da Cultura estivo o alcalde de Cabana, José Muíño, que agasallou aos asistentes con dous pequenos detalles: un neceser e unha táboa inchable para darlle uso nesta época de verán. O grupo estivo composto polos seguintes doce nenos e nenas, de 5 a 8 anos: Idaira Barbeira, Yéssica Duarte, Lucía Suárez, Pedro Suárez, Brais Rellán, Xabier Parga, Lara Amado, Laura Torrado, Irene Torrado, Alejandro Costa, Lucas Miñones e Roi Rey. Todas as sesións foron desenvolvidas por Patricia Domínguez, monitora da empresa Breogán de Xestión. Segundo grupo Meniñeiro O pasado luns 18 de xullo deron comezo as actividades do segundo grupo, que está conformado por nenos e nenas de 9 a 12 anos. Celébranse na pranta baixa da Casa da Cultura en horario de mañá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Comentarios