Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Continúan recadando sinaturas para a ILP de SOS Sanidade Pública en Carballo e Ponteceso

Sinaturas ILP Sanidade Publicas Carballo
O alcalde Evencio Ferrero deixou a súa sinatura en Carballo
Continúan recadando sinaturas para a ILP de SOS Sanidade Pública en Carballo e Ponteceso

Continúa a comarca colleitando sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular en defensa da atención primaria.a Plataforma SOS Sanidade Pública. Esta semana a Plataforma acodiu ao Centro de Saúde de Carballo para recoller o apoio de ducias de veciños, incluídos o alcalde Evencio Ferrero, que permitan levar esta ILP ao Parlamento.

Unha ILP que pide garantir o acceso de toda a poboación aos servizos sanitarios en igualdade de condicións, dotar de autonomía de xestión a atención primaria, fomentar a participación cidadá e acabar coas listas de espera. Unha ILP que lembra que os orzamentos da Xunta inclúen 47 millóns menos en Sanidade que en 2009; ou que a media galega de inversión é do 12% fronte a estatal do 14,2%, sendo a nosa comunidade a 14ª comunidade en investimento na materia.

Máis Recollidas de sinaturas

Paralalemanente, os grupos políticos BNG, PSOE e PSOE que apoian e mesmo forman parte da ILP, están traballando para conseguir as sinaturas. Neste caso é o BNG de Ponteceso o que este mércores día 26 e venres 28, porá unha mesa de recollida no Centro Médico de Ponteceso e na Praza do Pan de Corme, respectivamente.

Sinaturas ILP Sanidade Publicas Ponteceso

Máis novas sobre recortes

Comentarios