Sábado. 04.12.2021
El tiempo

“A conxura”, da cormelá Diana Varela Puñal, Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

Diana Varela Punal
“A conxura”, da cormelá Diana Varela Puñal, Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

Hai pouco vén de presentar o libro “Fisterras Atlánticas” a través da súa Editorial Medulia, e volve estar de actualidade por un premio. A poeta e escritora cormelá Diana Varela Puñal acaba de recibir o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola obra “A conxura”.

A obra é para adolescentes e nos sumerxe nun mundo “fantástico”, cheo de “descricións luminosas” e resolta de “forma maxistral”, segundo o xurado, que escolleu a obra entre as 15 presentadas.

A entrega do premio, dotado de 1.000€ ademais da publicación da obra, terá lugar o 3 de novembro en Vila de Cruces.

Novas relacionadas

comentarios