Xoves. 04.06.2020
El tiempo

O cormelán Pablo Varela gaña o XXX Premio de Periodismo "Xosé Aurelio Carracedo"

O cormelán Pablo Varela con Alejo e Lucas na Gala do Fútbol da Costa de QPC en 2014
O cormelán Pablo Varela con Alejo e Lucas na Gala do Fútbol da Costa de QPC en 2014
O cormelán Pablo Varela gaña o XXX Premio de Periodismo "Xosé Aurelio Carracedo"

Tivemos a sorte de contar con el como colaborador en QPC aló polo 2013-2014. A súa paixón branquiazul fíxolle escribir en QPC estupendas crónicas dun momento trascendental para a historia do RC Deportivo. Abriuse paso en Riazor.org e no proxecto #FocusGalicia, para continuar a súa carreira en La Voz de Galicia, agora na edición de Ourense.

O xornalista cormelán Pablo Varela segue medrando na profesión e vén de gañar o XXX Premio de Periodismo "Xosé Aurelio Carracedo", un certame que convoca anualmente a Deputación de Ourense. Os seus traballos sobre o rural galego mereceron o premio do xurado, que valora “a perspectiva positiva e sensible que o xornalista ofrece do rural, promovendo as oportunidades que ofrece e facendo protagonistas do seu relato ás xentes anónimas que viven no medio rural”.

Os artigos de Pablo “poñen o acento no que significa crear boas historias desde as delegación dos medios informativos, exercendo o xornalismo de a pé, moi achegado á xente a aos lectores, e centrado na súa análise en temas non urbanos, poñendo o foco no rural e chamando a atención sobre estes territorios, nun momento como o que estamos a vivir pola crise do COVID-19, onde a sensibilidade polo rural está no seu máximo”.

Un premio de 3.000€, que en parte gracias lle debe á súa xefa, que lle invitou a participar. Seguro que non llo ofrecía se non crese que os seus traballos poderían gañar! ;-)

comentarios