Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso

José Souto Mesura, "Ferreiro" no centro, nunha visita institucional ao Concello de Ponteceso

Este mércores 31 de marzo, apenas uns días despois do tenso pleno no que se aprobou unha Comisión de Investigación sobre o asunto das gravacións, e no que non se puido escoitar un audio que demostra a mentira da chantaxe dos ex edís socialistas, foi un día movido na Casa do Concello de Ponteceso. Dende primeira hora da mañá saltaban as alarmas na oposición ao recibir o aviso de varios funcionarios de que o alcalde, Lois Carballido, estaba no despacho da alcaldía, supostamente, ordeando a varias traballadoras municipais a triturar toda a documentacion existente na alcaldía.

Os grupos da oposición, tanto os 5 edís non adscritos como os do PP, corroboraron a presencia de José Souto Mesura, coñecido como “Ferreiro”, e que leva anos sendo a man dereita do alcalde, ou coñecido como “asesor”, malia non ter relación nin laboral, nin política co Concello de Ponteceso.


Lois Carballido xunto a "Ferreiro" na Festa do Percebe de Corme de 2019

Os edís, ante esta situación, presentaron denuncia ante a Garda Civil para “a súa investigación e ante un presunta destrución de posibles probas”.

A oposición faise as seguintes preguntas: ”Que está pasando no Concello de Ponteceso? Ten algo que esconder o Sr Carballido? Ainda hai cámaras gravando en dependencias públicas? Quen ten acceso a esas gravacións? Donde se gardan? Por qué o Alcalde non denuncia os feitos e pola contra da orden de destruir documentación? Ese "asesor" ten acceso a documentos dos nosos veciños e veciñas?”

”Non pode ser que quen presida a Alcaldía do noso concello pase por alto semellantes feitos e diga que non son do interese xeral, o concello e máxime o despacho de Alcaldía é un lugar de todos e todas os veciños, onde hai miles de conversas, non podemos permitir que isto quede sin esclarecer. Este asunto e gravísimo polo que pedimos que se investigue de forma urxente”, denuncian.

Novas relacionadas