Martes. 19.03.2024
El tiempo

Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta

  • O PSOE Provincial abre expediente aos 3 edís involucrados nas gravacións do alcalde de Ponteceso
Edis de Ponteceso
Raquel Fondo, Salvador Eiroa, Faustino Santiago Lema, Ana Pérez Imia e Miguel Ángel González son os edís socialistas contrarios ao seu alcalde
Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta

O alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, vén de facer efectiva a modificación da composición da Xunta de Goberno Local, separando aos edís socialistas Miguel Angel González Gómez, Raquel Fondo Pérez e Faustino Santiago Lema. Faino apenas uns días despois de filtrar á prensa un vídeo gravado con cámara oculta a varios dos edís contrarios á súa actuación nos últimos meses.
Na acta de modificación do goberno, tamén sinala que os tres foron cesados tamén como Tenentes e Alcalde, pero aínda non recibiron ningunha notificación oficial.

A Xunta de Goberno pasa a quedar presidida polo propio Carballido, coas concelleiras Noelia Varela Gómez e Teresa Chouciño Calvete, que nas últimas semanas se unía ao grupo de contrarios.

A Provincial abre expediente aos 3 edís gravados con cámara oculta

Non quere saber nada a Provincial Socialista dos, agora 5, edís contrarios ao seu goberno. Non se interesaron xa aló por maio e xuño, cando o propio Faustino Santiago Lema tivera que chamar persoalmente a Valentín González Formoso para coñecer a posición da agrupación a nivel provincial. Non preguntaron tampouco estes días despois do polémico vídeo gravado sen permiso no despacho polo alcalde e filtrado pola Voz de Galicia.

O que si fixo a Provincial é abrille expediente aos 3 concelleiros que saen en devandito vídeo (Salvador Eiroa, Faustino Santiago Lema e Ana Pérez Ímia), e que podería acabar ca súa expulsión do partido. Unha decisión que argumentan tamén cos “incumprimentos de disciplina de voto” en anteriores mocións, como a da En todo caso, ningún dos 3 teñen confirmación oficial do, aínda, seu partido.  

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios