Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos

12:57 27/03/21
Aconteceu. Finalmente, o pleno da Deputación deste venres ratificou que o Concello de Ponteceso é o único de toda a provincia que queda sen as axudas do POS+.
O cúmulo de irresponsabilidades protagonizado no último mes polos seus representantes políticos, con tres inúltiles plenos como perfecto exemplo, provoca que a veciñanza quede sen un investimento de máis de 750.000€ para mellorar as súas infraestruturas.
A falta de consenso, a falta de intención de chegar acordos por todas as partes (apenas APIN tendeu algunha ponte), provocou a perda destas axudas.
Novas relacionadas
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 08-03-2021: PP e os edís non adscritos presentan a súa proposta para o POS directamente na Deputación.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- 20-02-2021: Ponteceso intenta salvar un case imposible POS.
- Daniel García Cotelo: “Non nos opuxemos ao POS, o alcalde enganounos a todos”
- Ponteceso queda sen POS+ pola falta de consenso do alcalde.